Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Mira + alá: Lema La Salle 2016-17

Archivos

PROYDE: 25 años

PROYDE: 25 años

Facebook

Síguenos en Twitter

San Xoán Bautista de La Salle

San Juan Bautista de La Salle    San Xoán Bautista de la Salle naceu o 30 de abril de 1651 en Reims (Francia). Era fillo dunha familia adiñeirada na Francia de hai máis de 300 anos.

Nese momento, unhas poucas persoas vivían no luxo, pero la meirande parte da xente era extremadamente pobre: campesiños nas zonas rurais e habitantes dos arrabalos das cidades. Só uns poucos podían enviar aos seus fillos á escola. La maioría dos nenos tiñan poucas esperanzas para o futuro.

A súa educación desenvólvese primeiro na súa propia casa e, posteriormente, no Colexio de Bons Enfants. Alí adquiriu o gusto pola lectura, a filosofía, o teatro…

Tras diplomarse coma “Mestre en Artes”, sae da súa casa, camiño de París. Acode ao Seminario de San Sulpicio para continuar os seus estudos. Axiña se verá na obriga de regresar pola repentina morte da súa nai, seguida, moi preto, do pasamento do seu pai. Coma irmán maior da familia, ten que se encargar da tutela dos seus irmáns.

San Juan Bautista de La Salle

  Xoán foi ordenado crego aos 27 anos na catedral de Reims, o­nde foi coengo.

Deus levouno de compromiso en compromiso, a facerse responsable da educación dos nenos menos favorecidos, chamándoo a entregar as súas riquezas aos pobres e abandonar o que podería ter sido unha prometedora carreira.

O seu encontro co Sr. Nyel vai ser providencial: entusiásmao o proxecto de abrir escolas para os pobres. Por iso, cando Adrian Nyel abandona as súas escolas e aos seus mestres, La Salle non dubida en recibilos na súa propia casa.

Xuntou a un grupo de xoves ao seu arredor e, coa súa axuda, abriu escolas gratuítas. Comezaron a vivir en comunidade e tomaron o nome de Irmáns das Escolas Cristiás (agora coñecidos xeralmente coma Irmáns de la Salle) porque ían ser “irmáns” entre eles e “irmáns” dos mozos que ían atender. Dedicarán toda a súa vida a axudar aos xoves a descubrir a cultura e o Reino de Deus.

  De La Salle convidaba aos seus alumnos a medrar no coñecemento da presenza de Deus nas súas vidas. A través deste espírito de fe, quería descubrir cómo todo o que ocorre pode falar do coidado amoroso de Deus para cada persoa. Esta convicción converteuse nun hábito para os mestres e os alumnos das súas escolas (o facer algunha pausa ao longo do día e lembrar a presenza de Deus). Promovía deste xeito, unha San Juan Bautista de La Sallemaneira de ver o mundo e un crecente sentido do camiñar na presenza de Deus.

   Xoán Bautista de la Salle transformou toda a educación do seu tempo. Algo que hoxe resulta evidente, non o era tanto no seu tempo. Os alumnos das escolas eran instruídos de “un en un”, el revolucionou as escolas ao ensinar a toda unha clase á vez. Naquel tempo as clases impartíanse en Latín; nas súas escolas ensinarase na propia lingua (francés no seu caso).

Xoán foi un pioneiro na fundación de Escolas de Formación de Mestres, escolas especiais para mozos con condenas xudiciais, escolas técnicas e escolas secundarias para linguas modernas, letras e ciencias.

Xoán Bautista de la Salle escribiu un bo número de obras escolares e espirituais. Entre as primeiras destaca a “Guía das Escolas Cristiás”, o mellor libro de pedagoxía do século XVII e o que se fixo dominante nas escolas francesas de varóns até o século XX (Cfr. Saturnino Gallego B.A.C. 478). Hai que destacar que se trata dun libro colectivo no que Xoán Bautista de la Salle recolleu a súa propia experiencia pedagóxica e a dos primeiros Irmáns. Tamén podiamos destacar coma manual importante o titulado “Regras da Cortesía e Urbanidade Cristiás”. De lectura obrigatoria polos escolares e con atinados consellos da boa educación francesa adaptados aos fillos dos artesáns e ós pobres que acudían ás súas escolas. Escribiu tamén silabarios, salterios e catecismos para uso escolar.

San Juan Bautista de La Salle

Entre as obras de carácter espiritual é de destacar o libro “Meditacións”. Nas 16 tituladas: “Meditacións para o tempo de retiro (a penas 40 folios) traza un completo itinerario espiritual para os mestres cristiáns.

Tras unha intensa vida de dedicación aos nenos e mozos, e á formación dos seus mestres, Xoán de la Salle morre o 7 de abril de 1791. Tiña sesenta e oito anos.

  En 1900 Xoán Bautista de la Salle foi declarado Santo.

En 1950, pola súa vida e os seus escritos inspiradores, foi nomeado Santo Patrón de todos os que traballan na educación. Xoán Bautista de la Salle inspirou a outros na maneira de ensinar e coidar dos nenos e mozos, cómo enfrontarse ao erro e á fraxilidade con compaixón, cómo afirmar, reforzar, animar…

A súa obra esténdese, na actualidade, por 85 países de todos os continentes.

Ligazóns de interese:

San Juan Bautista de La Salle
PrintFriendly and PDF