Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

A túa ledicia, a miña. Lema La Salle 2017-18

Archivos

PROYDE: 25 años

PROYDE: 25 años

Facebook

Síguenos en Twitter

La Salle no mundo

La Salle no mundo

    San Xoán Bautista de la Salle naceu o 30 de abril de 1651 en Reims (Francia). Era fillo dunha familia adiñeirada na Francia de hai máis de 300 anos.

    O Señor de la Salle revolucionou todo o sistema educativo da época e deixounos como herdanza pedagóxica os graos ou niveis académicos de acordo coas habilidades e logros dos estudantes, o método de educación simultánea, o ensino na lingua materna en lugar do latín e as escolas normais ou de maxisterio para a formación dos educadores.

A nosa misión consistiu sempre en “procurar unha educación humana e cristiá á mocidade, especialmente aos máis desfavorecidos”.

Nos máis de tres séculos de existencia, La Salle tivo como único obxectivo a educación actualizada e permanente en todos os ámbitos. Este compromiso mantívose ao longo do tempo de forma ininterrompida nos cinco continentes. Os Irmáns de la Salle hoxe estamos presentes en todas as modalidades educativas coñecidas no mundo. Diriximos centros de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ensinos universitarios. Levamos adiante este gran reto compartindo a nosa misión con profesores e profesoras segrares.

Hoxe, o Instituto dos Irmáns das Escolas Cristiás segue dando respostas educativas de alta calidade nos cinco continentes, en máis de 80 países: 22 de África, 22 de América, 15 de Asia, 18 de Europa e 3 de Australia- Oceanía, atendendo un total de 1.600 centros educativos dos cales case un centenar son de Educación Superior. O número de alumnos/as supera o millón.

Neste labor educativo estamos comprometidos 6.150 Irmáns, 704 relixiosas e sacerdotes e 75.000 profesores segrares. En total, máis de 80.000 homes e mulleres plenamente comprometidos na educación humana e cristiá da nenez e da mocidade.

En España, implantada hai xa uns 125 anos, La Salle desenvolveu estudos adaptados ás necesidades e esixencias de cada momento histórico e soubo imprimir o seu selo persoal de formación de calidade no que a dimensión total da persoa primou sobre a pura adquisición cuantitativa de coñecementos. Máis de 1000 centros continúan hoxe con este labor.

O noso Colexio de Ferrol forma parte do Sector de Valladolid, Distrito ARLEP e Rexión RELEM do Instituto dos Irmáns das Escolas Cristiás.

A Administración central dos Irmáns de la Salle atópase na Casa Xeral de Roma. No Capítulo Xeral do ano 2007 foi reelixido Superior Xeneral do Instituto o Irmán Álvaro Rodríguez Echeverría, natural de Costa Rica.

Ligazóns de interese:

La Salle no mundo
Print Friendly, PDF & Email