Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Voz Natura 2009-2010

2009-2010 é o noso oitavo curso escolar enrolados no proxecto medioambiental Voz Natura. Nesta edición, por segundo ano consecutivo, participamos co programa “Auga, sol e vento… as enerxías do noso planeta”.

Con este programa preténdese comprometer ao alumnado, ás familias e á comunidade educativa co respeto ao medio ambiente, e en particular, na concienciación do uso de enerxías renovabeis que supoñan un menor custo para o noso planeta.

O programa iniciouse no primeiro trimestre coas actividades propias do coidado do rincón da naturaza existente no Centro, pero o grosso do programa desenvolvese ao longo do segundo trimestre. Así, en xaneiro celebrouse a Semana da Ciencia, na que se desenvolveron as prácticas no laboratorio, centradas nas tres enerxías renovabeis.

Neste mes o alumnado de 4º de ESO realizou unha saída no entorno próximo coa finalidade de participar no concurso fotográfico de Voz Natura.

Por último, participamos no espazo radiofónico de Voz Natura en Radio Voz, onde alumnado de Primaria e Secundaria representou ao Centro escolar explicando os traballos que se desenrolan no centro.

Durante o trimestre se están realizando diversos traballos nas etapas de Primaria e Secundaria nunha actividade denominada “Arte co refugallo”, que promove a creatividade i expresión artística a través de materiais de refugallo.

No mes de febreiro realizaranse enquisas polo noso barrio para coñecer os hábitos vencellados ao respeto e coidado do medio ambiente da nosa viciñanza.

No mes de marzo, no día da árbore, realizaremos unha simbólica plantación de árbores na que participará todo o alumnado do centro.

A finais do segundo trimestre realizarase no centro a exposición de Voz Natura, na que se amosarán os traballos desenvoltos polo noso alumnado.

No mes de xuño contaremos no centro coa exposición “Aforrando enerxías” da asociación Lapis Verdes con ilustracións do pintor Leandro Lamas. Con esta exposición a asociación pretende concienciar ao alumnado e público en xeral sobre o problema real do cambio climático e, modestamente, axudar a mellorar o planeta.

Para finalizar a participación anual, o día do medio ambiente estaremos en Coruña, en Acea de Ama, onde poderemos celebrar todos e todas xuntos a nosa implicación co medio ambiente.

Print Friendly, PDF & Email