Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Mira + alá: Lema La Salle 2016-17

Archivos

PROYDE: 25 años

PROYDE: 25 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Departamento de Matemáticas

Apuntes de matemáticas

Procedementos e instrumentos de avaliación (criterios de cualificación)

Para recoller datos podemos servirnos de diferentes procedementos de avaliación:

  • A observación de comportamentos.
  • Entrevistas.
  • Probas.
  • Cuestionarios orais e escritos.

Os datos recóllense en diversos instrumentos para a avaliación. Por unha banda farase un seguimento do alumnos e anotaranse no cuaderno do profesor. Por outra banda realizaranse 3 avaliacións ao longo do curso entregando unha notas oficiais ao finalizar cada unha das avaliacións agás na última que se entregarán as notas finales, como resultados das mesmas realizanse os informes de avaliación individualizados, o expediente académico do alumno, e as actas de avaliación.

Como procedemento estándar realizarase unha proba escrita de cada unha das unidades que puntuarase sobre 10, no momento de realizar a proba o alumno entregará a libreta onde deben estar os apuntes da materia e os exercicios marcado a longo da unidade para a posterior avaliación por parte do profesor. Ao finalizar a avalición realizarase un exame final de avaliación para aqueles alumnos que non tiveran superado os mínimos nos exames parciais de cada unha das unidades, os alumnos que si os tivesen superados poderán optar a facer o exame para subir a nota da avaliación.

Nas semanas posteriores á entrega das notas de cada unha das avaliacións (agás na 3ª avaliación) faranse exames de recuperación da avaliación. Tamén realizarase un exame final por avalicións na derradeira semana do curso para aqueles alumnos que non teñan superado os mínimos esixibles en cada unha das avaliacións.

Para superar a materia na convocatoria ordinaria haberá que ter superado os mínimos esixibles en cada unha das avaliacións.

Para superar a materia na convocatoria extraordinaria haberá que ter superado os mínimos esixibles do curso na proba extraordinaria de setembro.

PrintFriendly and PDF