Educación Secundaria
A etapa da Educación Secundaria Obrigatoria constitúe un marco formativo clave para os alumnos. Estes abandonan a infancia para penetrar nunha longa fase de transición cara ao mundo dos adultos en que sufrirán unha serie de cambios no seu desenvolvemento, tanto a nivel fisiolóxico, coma cognitivo e socioafectivo.
A ordenación desta fase educativa compaxina unha estrutura conxunta como Etapa, dentro dun sistema cunha fundamentación psicolóxica e sociolóxica, cunha estrutura interna en cursos que facilitan, de forma gradual, a adaptación dos grandes propósitos formativos deste tramo cunha necesaria atención ás diferenzas que os alumnos mostran nos subperíodos de desenvolvemento.
A Educación Secundaria Obrigatoria orientarase a lograr que os alumnos e alumnas adquiran os elementos básicos da cultura, especialmente nos seus aspectos humanístico, artístico, científico e tecnolóxico; desenvolver e consolidar neles hábitos de estudo e de traballo; preparalos para a súa incorporación a estudos posteriores e para a súa inserción laboral e formalos para o exercicio dos seus dereitos e obrigacións na vida como cidadáns. Prestará especial atención á orientación educativa e profesional do alumnado.
O cumprimento de tan ambiciosos obxectivos esixe asumir compromisos de acordo cos principios de educación común e de atención á diversidade do alumnado que se reflejan nas seguints propostas metodolóxicas:
- Buscamos potenciar unha metodoloxía activa e participativa, centrada no alumno e na convivencia pacífica., promovendo valores de actitude e respecto, tolerancia, esforzo e constancia.
- Buscamos promover unha metodoloxía cooperativa que promova a implicación do alumnado e a colaboración a nivel profesor – alumno.
- Potenciamos a atención á diversidade dentro da aula.
- Potenciamos os programas de innovación.
- Buscamos integrar as novas tecnoloxías.
Reforzos educativos
Dentro deste espíritu a Educación Secundaria Obrigatoria propón unha serie de reforzos educativos para as tardes do luns, mércores e xoves co seguinte horario:
LUNS |
MÉRCORES |
XOVES |
|
15:45 a 16:35 |
Ciencias Sociais |
Matemáticas |
Idiomas |