Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Mira + alá: Lema La Salle 2016-17

Archivos

PROYDE: 25 años

PROYDE: 25 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Educación Primaria

Características da etapa

A etapa de Educación Primaria é decisiva dentro da ensinanza obrigatoria, non só pola súa longa duración (de6 a12 anos) senón porque nela é cando se poñen as bases dunha gran parte das aprendizaxes posteriores.

Consta de 3 ciclos que se organizan en áreas con carácter global e integrador. Cada un dos ciclos constitúe unha unidade de ensino-aprendizaxe.

A finalidade da educación primaria é proporcionar a todos os nenos e nenas unha educación que permita afianzar o seu desenvolvemento persoal e o seu propio benestar, adquirir as habilidades culturais básicas relativas á expresión, á comprensión oral, á lectura, á escritura, ao cálculo, ao sentido artístico, á creatividade e á afectividade, así como desenvolver habilidades sociais e hábitos de traballo.

A avaliación dos procesos de aprendizaxe do alumnado será contínua, global, formativa e integradora.

Ten gran importancia a incorporación das Competencias Básicas ao currículum, pois permiten poñer o acento naquelas aprendizaxes que se consideran imprescindibles desde unha posición integradora e orientada á aplicación dos saberes adquiridos. De aí o seu carácter básico.

Ao longo da etapa o alumnado debe progresar en control e autonomía e adquirir valores, normas e conductas que van precisar para saber comportarse correctamente en sociedade.

 E en  todo isto é moi importante que familia e colexio camiñen xuntos porque:

EDUCAR É COUSA DE TODOS

PrintFriendly and PDF