Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

A túa ledicia, a miña. Lema La Salle 2017-18

Archivos

PROYDE: 25 años

PROYDE: 25 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Servizos médicos

Por motivos de seguridade, no colexio temos indicación médica de NON administrar medicinas aos alumnos.

Seguro escolar

O colexio dispón dun Seguro Escolar voluntario para os alumnos de Infantil, Primaria e 1º e 2º curso de Secundaria. Preséntase ás familias a principios de curso e ten un custo anual de 13 €.

Para os alumnos de 3º e 4º de Educación Secundaria a Consellería de Educación obrígalles a ter un Seguro Obrigatorio  que teñen que aboar a principio de curso para poder realizar os seus estudos.

O seguro escolar cobre os accidentes que sofren os alumnos con ocasión de actividades directa ou indirectamente relacionadas coa súa condición de estudantes, sempre que sexan organizadas ou autorizadas polo colexio.

Para viaxes internacionais, tales como os intercambios, o colexio subscribe unha póliza especial.

Se un alumno sofre lesións leves en horario escolar, os profesores de cada una das sección (Infantil/Primaria/Secundaria) encárganse de facer as curas necesarias nos botiquíns que se disponen en cada Titoría.

Se as lesións son de maior envergadura ou existen dúbidas sobre a súa importancia, desde o colexio chamamos á familia para informala do accidente e comunicarlle o centro sanitario ao que se vai trasladar o seu fillo.

Todos os alumnos de  Infantil, Primaria e 1º ou 2º de Secundaria que teñan aboado o Seguro Escolar, serán atendidos no Hospital Juan Cardona. Os alumnos de 3º  e 4º de Secundaria recibirán asistencia no mesmo centro sanitario nomeado con anteriridade.

É moi importante que cando un alumno teña molestias ou sufra algún golpe dentro do horario escolar, informe ao profesor correspondente do sucedido nese mesmo momento, para que o colexio expida o parte de accidentes correspondente.

Print Friendly, PDF & Email