Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

A túa ledicia, a miña. Lema La Salle 2017-18

Archivos

PROYDE: 25 años

PROYDE: 25 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Programa “Madrugadores”


O servizo “Madrugadores” do Colexio La Salle é unha resposta do Colexio ás necesidades das familias do noso alumnado.

En moitas ocasións, o horario laboral dos pais e nais non coinciden co horario da escola. Por esta razón, e ante a preocupación de quen pode atender aos seus fillos durante ese espazo de tempo, ofrecemos a posibilidade de cubrir esta necesidade coa apertura da aula de madrugadores. Nela, os seus fillos, atendidos por un profesional cualificado, poden acudir á escola antes de que  se inicie o horario lectivo.

O horario da aula de “Madrugadores” será de 8:00 h da mañá até as 9:20 h, momento no que empeza a actividade escolar.

Neste espazo de tempo, os seus fillos poderán compartir este espazo con outros alumnos que estean subscritos ao mesmo, realizar actividades de lecer e/ou curriculares.

Print Friendly, PDF & Email