Biblioteca
A Biblioteca Escolar é un dos servizos do centro máis valorado.
Recibimos frecuentemente as visitas de alumnos e alumnas que se están a converter en grandes lectores e lectoras.
Festexamos datas sinaladas coa colaboración do alumnado e o profesorado das diversas aulas, así como coa axuda de diversos membros da comunidade educativa. Aquí tedes algúns exemplos:
- Semana das ciencias: así de bonita luce a entrada da biblioteca grazas á colaboración de Educación Infantil.
Tamén o interior quedou así de fermoso grazas á colaboración de Educación Primaria!
- Día da paz: os teitos enchéronse de pombas da paz e durante a semana repartíronse marcapáxinas elaborados polo alumnado do centro.