Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Mira + alá: Lema La Salle 2016-17

Archivos

PROYDE: 25 años

PROYDE: 25 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Dpto. de Orientación

A finalidade do Departamento de Orientación é a de facilitar o desenvolvemento integral das persoas. Para isto o departamento deseña un programa sistemático dirixido aos diferentes grupos de persoas que integran a comunidade educativa. Son parte deste programa os plans que o departamento elabora en colaboración cos titores: Plan de Orientación Académica e Profesional, Plan Atención á Diversidade e o Plan de Acción Titorial.

     Son membros do Departamento de Orientación a Orientadora, o Profesor de Pedagoxía Terapéutica, a Profesora de Audición e Linguaxe e os Profesores de Apoio.

     No ámbito da atención á diversidade é labor central do departamento detectar cedo os posibles problemas de aprendizaxe dos alumnos e axudalos a superalos, para isto realízanse probas grupais e individuais (capacidades, personalidade, preferencias, relacións sociais, niveis de competencia curricular… ) en varios cursos e acórdanse as medidas de corrección nas reunións que o departamento celebra con periodicidade semanal. No ámbito vocacional, as funcións máis relevantes teñen que ver coa información e o asesoramento, para os grupos pero tamén persoalmente, a todos os alumnos no que ten que ver coas sucesivas tomas de decisións educativas e profesionais.

No ámbito titorial o departamento coordina o equilibrio entre os distintos eixes vertebradores das temáticas de traballo grupal. Busca cos profesores a boa integración dos alumnos no centro educativo. Asegura a fluidez do intercambio de información entre os profesionais alleos que poidan estar traballando con algún alumno e o propio centro. Promove a relación familia-escola colaborando coas familias tanto a nivel xeral, dinamizando a formación de pais, como individualmente, concertando entrevistas coas familias para aconsellar liñas de acción para os seus fillos.

     Con respecto ao centro como conxunto, o Departamento de Orientación colabora en todo o relacionado coa evolución da propia institución: innovacións educativas, formación do profesorado e revisións dos distintos documentos de centro.

PrintFriendly and PDF