Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

As festas colexiais en Educación Primaria

Na semana do 7 ao 11 de maio celebráronse no noso colexio as Festas Colexiais na honra de San Xoán Bautista de La Salle.

Do luns ao xoves as tardes estiveron ocupadas coas exhibicións das distintas actividades extraescolares que temos no colexio: baile, ballet, canta-baila, guitarra, judo e karate.

Ademais, o mércores un grupo de músicos do Xan Viaño ofreceunos un concerto didáctico que resultou moi divertido e o xoves o Concurso de Talentos concentrou no salón de actos a familias e alumnos para, un ano máis, sorprendernos a todos coas habilidades artísticas dos rapaces.

No mediodía do xoves o noso director foi o pregoeiro das festas que, cunha exhibición de Batuka dos alumnos de 5º e 6º, entraron no seu momento culminante.

O xoves pola tarde chegou a hora de pensar e os xogos de enxeño conseguiron que, grazás ao traballo en equipo, os alumnos de primaria resolvesen sudokus e problemas.

Xa o venres a Eucaristía por San Xoán Bautista de La Salle foi preámbulo dunha mañá na que a Ginkana de xogos mantivo aos rapaces cun sorriso reflexo do bo día que pasamos todos.

 

 

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.