Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Concerto do Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño de Ferrol

O día 9 de maio, dentro da celebración das festas colexiais, tivemos un concerto didáctico   durante a mañá amenizado polo Conservatorio de Música de Ferrol. Para iso contamos coa colaboración de Sebastián, Miguel, Javier e Pepe que nun ton moi desenfadado, e non exento de humor,  amosaron os seus instrumentos da familia do vento-metal ás distintas etapas do Colexio.

Explicáronnos a historia da trompeta, da trompa, do trombón e da tuba, ademais de amosarnos como soaban sen ningún outro acompañamento. Tamén puidemos escoitar varias composicións con todos os instrumentos xuntos.

As súas explicacións resultaron moi interesantes e co seu humor  fixeron que pasaramos unha parte da mañá moi amena. Despois respostaron a todas as inquedanzas que xurdiron nos rapaces e animaron a todos aqueles interesados na música que se achegasen ao conservatorio para poder informarse e que se inicien neste mundo da música.

 

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.