Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Santiago Jaureguizar visita 3º e 4º da ESO

A tarde do martes os alumnos de 3º e 4º da ESO recibiron a visita de Santiago Jaureguizar. A visita forma parte do Plan de Animación á Lectura que se está a levar a cabo no Centro, e desde a materia de Lingua galega, os alumnos puideron ler e traballar un dos seus libros A coroa de Napoléon que pertence a unha saga que narra as aventuras dun detective adolescente (Tintimán) que desempeña o seu traballo por distintas cidades galegas, mesturando a actualidade con datos históricos sobre elas.

Durante a charla Santiago comentounos sobre o proceso de creación dun personaxe, falounos dos personaxes da súa novela, do seu labor como xornalista e como ten cambiado esa profesión e sobre todo falounos dos seus proxectos entre os que destaca nun futuro non demasiado lonxano que Tintimán visite Ferrol nunha nova novela que está maquinando.

 

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.