Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Anxo Fariña visita o Centro

O luns 7 de maio tivemos a gran sorte de contar coa visita de Anxo Fariña. Este escritor e deseñador de libros infantís e xuvenís veu para compartir uns intres cos alumnos de 1º e 2º da ESO. A visita forma parte do Plan de Animación á Lectura que se está a levar a cabo no Centro, e desde a materia de Lingua galega, os alumnos puideron ler e traballar un dos seus libros «A chave da Atlántida» galardoado co Premio Merlín no ano 2011.

Na súa visita, Anxo comentounos cousas curiosas como que a pedra da campá nas Illas Cíes e un soño infantil (os robots) foron a súa inspiración para facer este libro, ou como lle pode levar unhas 12 horas facer unha das ilustracións do libro; cal é o proceso para facelas coas distintas fases; que lle levou un mes e medio facer a historia que se narra nesta novela… Todo nun ton moi cercano que nos engaiolou a todos. E para rematar amosounos as súas dostes como ilustrador pedindo un voluntario e convertindo a súa imaxe nun «cyborg» que podería ter participado nunha hipotética segunda parte do seu libro.

Agradecemos a súa visita, recomendamos os seus libros pola súa calidade coma escritor e facer fincapé na sinxeleza e cercanía coa que nos amosou o seu traballo. Graciñas Anxo.

 

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.