Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Camiño de Santiago

Entre o venres 27 de abril e o martes 1 de maio 16 alumnos de 3º e 4º de Secundaria, acompañados por profesores do Colexio, peregrinaron a Compostela polo Camiño Inglés.

Foron cinco días de intensas emocións e por suposto longas camiñadas. Saíron o venres 27 ás 16:00 do Colexio cara Pontedeume, pasando por Xubia, Neda, Fene. O primeiro día rematou no albergue de Pontedeume. O sábado 28 a etapa unía as cidades de Pontedeume e Betanzos previo paso por Miño, o inicio foi moi intenso, a mañá soleada facilitou a boa marcha, á tarde a ameaza da tormenta acompañounos ata chegar a Betanzos onde empezou a descargar. Tras unha fría noite os peregrinos iniciaron a súa marcha cara a Hospital de Bruma, era a etapa máis temida polo desnivel que habería que superar, pero o final da tarde o merecido descanso facilitou a longa marcha do luns que levaría os peregrinos de La Salle ao Monte do Gozo, xa ás portas de Santiago.

O martes 1 de maio, tras un máis que merecido descanso, rematou a peregrinación na Catedral de Santiago de Compostela asistindo á Misa do Peregrino e conseguindo á Compostellae.

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.