Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Día de PROYDE en solidariedade con Burkina Faso

O día 26 de abril celebramos no Centro o día central dentro da Semana de PROYDE.

Para celebralo contamos coa presenza de dous profesores de La Salle Santiago (moitas grazas desde aquí), Salomé e Xoan, que nos amosaron a súa experiencia en Burkina Faso. En distintos momentos tiveron contacto cos alumnos de todo o Centro (desde a Escola de infantil á ESO)  e  presentaron as súas vivencias por medio de fotografías e falando da súa experiencia nese país colaborando con «Proyecto CLIMA». Viñeron vestidos con roupas típicas desa zona (de festa dixeron) e o seu testemuño serviu para achegarnos a esa realidade.

Despois, toda a Comunidade Educativa participou nun acto simbólico que é o bocata solidario e a tómbola. Quedamos a xantar no Colexio un bocata facendo un donativo para colaborar con este proxecto ao que lle adicamos a nosa axuda este ano. Como outros anos, os bocatas foron preparados pola AMPA do Centro e parte dos alimentos donados gratuitamente por GADIS.

Aínda que a choiva nos estragou un chisco a festa, as gañas de pasalo ben fixeron que nos sobrepuxesemos a esta contrariedade e resultou todo como esperabamos: compartir todos xuntos uns intres de ledicia e unión.

Tivemos un rato de música e baile e logo chegou o momento máis esperado polos pequenos que é a tómbola, na que colaboraron, ademáis das familias, ALCAMPO, o clube de baloncesto OAR de Ferrol, a cantante María Chenlo e FROIZ con algunos obxectos. Moitísimas grazas pola colaboración de todas as persoas que ofreceron algún xoguete ou calquera outra cousa para a tómbola. Todo sucedeu sen ningún contratempo e o mellor de todo foi a cara de espectación dos rapaces esperando ver cal agasallo lle tocaba e a ledicia cando marchaban cun feixe de cousas para casa.

DE NOVO GRAZAS POLA COLABORACIÓN DE TODOS/AS. SEN A VOSA AXUDA TODO ISTO NON SERÍA POSIBLE.

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.