Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Finalistas do Colexio no concurso «Deseña unha xoia para a túa nai»

Catro alumnos do Colexio La Salle de Ferrol foron elixidos finalistas no III Certame de Deseño Infantil «Deseña unha xoia para a túa nai», organizado polo Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia.

Os alumnos finalistas son:

  • Sabela Carrasco Bouzamayor (Infantil).
  • Lucía Martínez Llano (Infantil).
  • Xabi López Delgado (1º de primaria).
  • Yaiza Chavaud Lorenzo (5º de primaria).

A entrega dos diplomas aos finalistas e das xoias aos gañadores terá lugar o venres 27 de abril de 2012, ás 18h, no Centro Galego de Arte Contemporáneo de Santiago de Compostela.

Noraboa a todos!

Entre os 80 nenos e nenas finalistas figuran os 12 gañadores que recibirán a súa xoia feita realidade o venres 27 de abril, en Santiago de Compostela, nunha festa-entrega de premios e diplomas.

Logo de recepcionar un récord de deseños na sede do Colexio Oficial de Xoiaría, o xurado, que indicamos a continuación, foi quen tivo a enorme tarefa de escoller entre as 7.167 propostas recibidas.

O xurado está composto por:

  • Oscar Rodríguez, xoieiro-deseñador de “Oscar Rodríguez Joyeros” e presidente do Colexio Oficial de Xoiaría
  • María Eugenia Pérez, subdirectora xeral de Orientación Profesional e Relación con Empresas, da Xunta
  • Luis González, prateiro-deseñador de «Ardentia» e vicepresidente do Colexio Oficial de Xoiaría
  • Carlos Pereira, director da «Escuela de Joyería del Atlántico»
  • Santiago Riande, director da Escola de arte e superior de deseño Mestre Mateo
  • Elena Fabeiro, xerente da «Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño»
  • María Xosé Rodríguez, comandante do programa «Somos Quen», da Radio Galega
  • Ramón Conde, escultor
  • Enrique Fink, ourive-deseñador de «Fink Orfebres»
  • Soledad Mato, xoieira-deseñadora, de “El Taller”
  • José María Mayer, prateiro-deseñador de «Maysil»
  • Cristina Rodríguez, xoieira-deseñadora de «Piropo Joyas»
Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.