Get Adobe Flash player

Xestor educativo

Sallenet

Bibliotecas escolares Galicia

Bibliotecas escolares Galicia

Axudas Escola infantil

Axudas Escola infantil

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2021-22

Facebook

Síguenos en Twitter

Obradoiro «paso a paso» con Leandro Lamas

Nunha das reunións do Club de lectura do noso Centro estivemos traballando co libro «Os gritos das illas Lobeiras», de Antón Cortizas, ilustrado por Leandro Lamas. O venres 28 tivemos a sorte de recibir a visita de Leandro no noso Centro, quen nos agasallou cun obradoiro «paso a paso». Así, da súa man, puidemos ir realizando os nosos deseños. Cada un deles único, pero todos inspirados no deseño que Leandro compartiu con nós.
Durante un pouquiño máis dunha hora o noso alumnado estivo debuxando atentamente baixo as súas instrucións e descubrimos que se imos pasiño a pasiño todos e todas podemos debuxar.

O alumnado aproveitou tamén para indagar na figura do ilustrador, a quen lle preguntaron pola súa formación, os seus referentes, cando e como se decidiu pola súa profesión… En fin, unha tarde entretida, na que ademais, grazas ao novo mobiliario adaptado da nosa biblioteca, puidemos facer a actividade no exterior e así, aproveitar o bo tempo.

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.