Get Adobe Flash player

Xestor educativo

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2020-21

Facebook

Síguenos en Twitter

Todo final trae un novo comezo 

O 2020 está a piques de terminar e o seu final tráenos un novo comezo. Todos vivimos este ano de maneira intensa e especial, deixámonos moito no camiño, ao esforzo de seguir avanzando en  circunstancias difíciles sumamos perdas emocionais e persoais, e o noso mundo transformouse no máis próximo e a nivel global. Pero todo isto debe alimentar o nosoespírito e enchernos de forza para continuar, deixando que a luz deste tempo de Advento ilumine o percorrido e guíe os nosos pasos.

Queremos celebrar o novo comezo, brindar polas novas oportunidades, felicitarnos por ser capaces de continuar construíndo futuro e alegrarnos por estar xuntos e por formar parte da familia lasaliana.

Estamos convencidos de que o 2021 será mellor que o ano que deixamos atrás, e que a pesar das dificultades que nos poida presentar, poderemos vivilo desde o compromiso que nos fai crecer como persoas e como institución, e que nos leva a poñer no centro da nosa misión a aqueles que máis nos necesitan, estean onde estean.

Estamos chamados a cumprir un papel esencial como alumno ou educador nas nosas obras educativas, como familia que sente coprotagonista no proxecto, como asociado ou como Irmán, e queremos devolver
á sociedade algo do que recibimos. Fagámonos ese agasallo e deixemos que sexan os demais quen o reciba.

Que o 2021 nos encha de paz, que a alegría encha os nosos recunchos, que a serenidade nos axude a afrontar o que está por vir, que os nosos soños se fagan realidade e que o novo comezo o sexa de vida.

Bo Nadal!

Equipo de Animación Distrital

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.