Get Adobe Flash player

Xestor educativo

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2020-21

Facebook

Síguenos en Twitter

Entrevista «O voluntariado non para!»

Na mañá do 9 de decembro participamos na campaña a pé de rúa deseñada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia para conmemorar o Día Internacional do Voluntariado. Para iso, participamos con dúas alumnas, Ainoha Cobelo e Ainhoa Santos, e a profesora encargada de Pasaporte Solidario no centro, Mónica Lorenzo, nunha entrevista onde demos o coñecer as actividades que se levan a cabo no noso centro respecto ao voluntariado.

Nesa entrevista explicamos o programa que temos no centro para traballar o voluntariado. Este ten os seus alicerces no noso Caracter Propio e no Plan de Achegamento á Realidade (PAR) no que todos os niveis do colexio, desde Educación infantil ata o último curso de Educación secundaria traballan durante un ano escolar sobre a realidade de grupos sociais de persoas desfavorecidas. Así, ao longo da súa estadía no colexio, achéganse a realidades diversas coma os xordos, persoas maiores, inmigrantes, persoas sen teito, cegos, persoas con diversidade funcional…  Durante ese curso escolar, escoitan, investigan as dificultades que teñen, analizan criticamente a información, escoitan testemuñas de primeira man de persoas que lles transmiten o seu día a día, adquiren pequenos compromisos, todo iso, ao abeiro do centro e dos seus titores…

Unha vez chegados a 3º e 4º de ESO teñen a oportunidade para, de xeito voluntario, dar un paso máis alá e iniciar unha andadura persoal no mundo do voluntariado dentro do programa «Pasaporte Solidario» organizado pola Xunta de Galicia a través de  Voluntariado Galego. O centro ofrécelles participar en distintas actividades que lles permiten vivir experiencias vitais de moita intensidade e que os marcan positivamente na súa vida.

A situación sanitaria ten condicionado moito as posibilidades de realizar este ano as visitas debido a que xeralmente traballamos con persoas que pertencen a grupos de risco, e que estes teñen limitada a asistencia de persoas alleas ás organizacións. Por iso, atopámonos á espera das instrucións das autoridades para poder incorporalas ao proxecto deste ano. En previsión destes atrancos, temos previsto traballar a concienciación medioambiental, baseada no Camiño de Santiago, e centrada no «Camiño inglés», e de seguro que terá uns resultados tan satisfactorios coma o de anos anteriores.

Podedes escoitar aquí a entrevista:

 

 

 

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.