Día Internacional contra a violencia de xénero
Durante esta semana, todos os cursos do colexio estiveron traballando distintas actividades relacionadas con ese día. É por iso que, remarcando sempre a importancia da IGUALDADE entre todas as persoas sen ningunha distinción, propuxéronselles varias actividades, cada unha axeitada á súa idade.
Todo o colexio participamos nas actividades propostas desde a Federación de Anpas de Ferrolterra e fixemos uso dos materiais que desde ela nos ofreceron. Do mesmo xeito, empregamos as reflexións, e titorías que tiñamos proporcionadas por PROYDE, a nosa ONG. A exposición que temos nos corredores «Mujeres del cambio: una ventana a su mundo» foi un excelente punto de partida para reflexionar e debatir sobre a realidade de mulleres noutros países e a realidade que temos no noso. A situación sanitaria fai que teñamos que espallar estas visitas polo que, varios cursos farán a visita e este traballo ao longo da próxima semana.
Ademais de todo isto, preparamos as nosas «árbores do respecto». No pavillón colocáronse unha árbore por etapa educativa e nas titorías cada alumno/a decorou unha folla cunha mensaxe persoal a prol da erradicación da violencia de xénero. O resultado resultou moi vistoso como podedes ver nas fotos.