Get Adobe Flash player

Xestor educativo

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2020-21

Facebook

Síguenos en Twitter

A pesar da COVID… celebramos o Samaín.

Xa sabemos, xa. A situación non está para festas e para ningunha celebración. Pero o profesorado do cole tiñamos claro que o noso alumnado MERECÍA poder celebrar esta festa porque, tras horas e horas de clase dando exemplo coas mascarillas, gardando as distancias, desbotando as apertas…, iso, queridas familias, merecía un premio.

Estaba claro que non se podería á maneira tradicional, coas cabazas, todos xuntos no patio, tomando chocolate como en anos anteriores, e que a situación sanitaria condicionaba moito as nosas posibilidades… pero como non hai quen poida con nós, se antes organizabamos un Samaín ao grande, desta volta organizamos 18 pequenos para garantir a seguridade, as distancias, as aulas-burbullas, as mascarillas…

Substituímos as apertas por sorrisos, e como non hai dificultade que nos venza e non se poden ver os beizos, xa nos convertemos en expertos en detectar sorrisos nas miradas, nas expresións dos ollos e, é que, queridas familias, non sabedes a cantidade de cousas que estamos aprendendo os profes dos vosos pequenos.

A festa foi diferente, pero foi festa. Traballamos sobre as orixes do Samaín, debuxamos, coloreamos, recortamos, vimos algunhas pelis… e moitísimos variados e divertidos disfraces. Só faltou a visita das familias, pero agardamos que para o próximo ano esteamos todos xuntos, coma sempre.

Non estivestes, pero con esta galería de fotos queremos achegarvos un anaquiño á nosa festa. Esperamos que vos gusten.

 

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.