Get Adobe Flash player

Xestor educativo

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2020-21

Facebook

Síguenos en Twitter

Agradecemento!!!

Esta mañá incorporáronse os alumnos de 4º de ESO e, por fin,  xa estamos todos. Foi un proceso longo desde as primeiras chegadas na Escola infantil a comezos de setembro ata o día de hoxe. Moita incertidume pola situación social e ante os moitos cambios que houbo que facer no centro para adaptarnos aos protocolos impostos desde a Consellería de educación. Somos conscientes de que esas novidades supuxeron ter que cambiar rutinas que xa tiñamos interiorizadas desde hai moitos anos, e a resposta de familias e alumnado está sendo excepcional.

Agora que xa estamos todos, é o momento de dar as GRAZAS.

Grazas ás familias polo voso apoio e comprensión durante estas semanas no comezo de curso e por cumprir con rigorosidade os protocolos. Sen dúbida algunha, o exemplo que os adultos damos aos nosos fillos é a mellor explicación que se lles pode impartir… e o voso exemplo está sendo de matrícula de honra.

Tamén queremos agradecer a implicación do alumnado. Desde educación infantil ata o último curso de Secundaria dá gusto contemplar o comportamento en clase, nos corredores, nos patios de todos e cada un deles, sendo conscientes da importancia de seguir as normas básicas para protexerse un mesmo e protexer aos demais.

Queremos animarvos a que non baixemos a garda e continuemos, todos a unha, nesta loita que nos tocou vivir neste momento. Estamos desexando poder repartir apertas, chocar as mans, traballar en grupos, achegarnos aos amigos… pero, entre todos, saberemos esperar ao momento axeitado.

Recibide un agarimoso saúdo do profesorado e, novamente, GRAZAS.

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.