Segunda «quedada lectora»: Cóntoche un conto
Dentro do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia, o centro está a levar a cabo o proxecto do ‘Clube de lectura’, o cal ten entre outros, os seguintes obxectivos:
• A promoción da lectura entre nenos/ as e adolescentes, así como promover os encontros interxeracionais ao redor da lectura.
• Incrementar o pracer da lectura compartindo a experiencia con outros/ as.
• Experimentar o xogo como ferramenta de aprendizaxe.
• Dinamizar un espazo referente de lectura no centro escolar: Biblioteca.
• Dar continuidade a iniciativas de promoción da lectura que resulten atractivas e motivantes para os/ as principais destinatarios/ as: o alumnado.
Por outra banda, o noso Carácter propio conta cun estilo educativo no que a proposta da educación en valores é fundamental. Nesa proposta recóllense entre outros: a responsabilidade, a creatividade, estimular a convivencia, desenrolar a creatividade. A actividade educativa é a tempo completo, non se limita nin ao tempo nin ao espazo escolar.
O pasado venres 28 de febreiro o alumnado de 5º de Educación infantil foi o protagonista desta quedada e, neste caso, as nosas narradoras foron Beatriz que nos contou “Voy a comedte” e Carmen “De que cor é un bico?» Durante a lectura, os nosos pequenos “oíntes” estiveron moi atentos e participaron respondendo a preguntas moi complexas, xa que estaban tan atentos que deron axiña coas respostas correctas. Tras rematar a lectura, cada un fixo o seu propio bico que logo intercambiaron con todos os participantes. Repartiron moitos bicos e moito cariño.
Moitas grazas a todos. Pasámolo moi ben!!!
O seguinte venres do Clube de lectura, os nosos novos “oíntes” serán o alumnado de 6º de Educación infantil. Non vos preocupedes!!!
Iremos informando da data e a hora da “quedada lectora”. Contamos coa vosa participación.
- dav