E chegou o Entroido!
E un ano máis, aquí está o Entroido. Unha vez rematada a semana de Proxectos, chegou o Entroido. Aproveitando a temática traballada no proxecto, cada clase preparou os seus disfraces relacionados con ela. Houbo de todo un pouco: astronautas, sistemas solares, constelacións, personaxes medievais, peliqueiros, marcianos, cociñeiros…
A novidade foi que este ano fixemos un percorrido polas rúas do barrio con todos os alumnos, profesores e moitas familias que nos acompañaron durante o poercorrido e dixeron ben alto de onde somos: LA SALLEEEEE!
Velaquí unha galería coas mellores fotos.