Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

“Quedadas lectoras”: “Cóntoche un conto”

Un dos sinais de identidade dos colexios La Salle é a súa especial atención á lectura. O noso programa de mellora da lectura, Lectura Eficaz, vertebra a aprendizaxe de todas as etapas no centro. É por iso que, este ano comezamos unha novidosa actividade relacionada co mundo da lectura. Dentro do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia, o centro comezou a levar a cabo o proxecto do Clube de lectura, o cal ten entre outros, os seguintes obxectivos:

• A promoción da lectura entre nenos/ as e adolescentes, así como promover os encontros interxeracionais ao redor da lectura.
• Incrementar o pracer da lectura compartindo a experiencia con outros/ as.
• Experimentar o xogo como ferramenta de aprendizaxe.
• Dinamizar un espazo referente de lectura no centro escolar: Biblioteca.
• Dar continuidade a iniciativas de promoción da lectura que resulten atractivas e motivantes para os/ as principais destinatarios/ as: o alumnado.

Este venres pasado demos comezo ás “Quedadas lectoras”: “Cóntoche un conto”. Nesta primeira “contada” dirixida ao alumnado de 3º e 4º de Educación Infantil, escoitamos dous contos narrados por Luz e Verónica. E a profe Carmen contounos o conto “Aquiles o puntiño”. Tras terminar a lectura na que os nosos pequenos “oíntes” estiveron moi atentos, realizamos un pequeno obradoiro no que participaron pais/nais e alumnos/ as e entre todos realizaron o seu propio Aquiles.

Estas “contadas” serán unha vez ao mes (venres), iremos informando das datas e os destinatarios. Coma sempre, teredes á vosa disposición as entradas na Secretaría do Colexio e estade atentos porque o aforo é limitado.

 

Esperamos a vosa participación e contamos convosco para pasar unha tarde agradable na que podamos compartir un intre de lectura e xogos compartidos!

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.