Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Día Escolar da Non Violencia e da Paz

O xoves 30 foi un día especial. Deses días que toda a comundade educativa esperamos con ansiedade xa que se trata do Día Escolar da Non Violencia e da Paz e, ás 9:00 da mañá, acompañados de moitas familias, tivemos o acto central no pavillón.

Ao longo desta semana traballamos en todas as aulas, cada unha ao seu nivel, distintas actividades para reflexionar sobre este día, sobre o seu significado, sobre a súa repercusión no noso labor e comportamento diarios.

Varias dinámicas en clase, acompañadas dunha conclusión: Unha frase que simbolizaba o que cada clase estaba disposta a ofrecer no seu compromiso pola Paz. As palabras plasmadas en anacos de tela, serviron para conformar unha bandeira xigante: a bandeira de La Salle Ferrol pola Paz.

A canción «Paz, paz, paz» de Juanes cantada por todos, serviu como colofón a este acto que serviu de reflexión antes do inicio das clase.

Velaquí unha galería das fotos da xornada de hoxe.

 

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.