Xornadas formativas sobre prevención de adiccións en 4º ESO
A clase de 4º ESO tivo 4 horas de formación sobre as adiccións: que son? que tipos de adiccións hai? Que consecuencias teñen?
Rosi, traballadora de Asfedro, achegouse o martes 14 e hoxe, martes 21, para darnos a súa experta opinión. Cun estilo moi cercano aos adolescentes, fíxoos reflexionar sobre a crúa realidade da xente que ten este tipo de adiccións e as consecuencias que teñen na vida das persoas que as sofren e dos seus achegados. Máis tarde, faloulles das consecuencias que teñen para o organismo o consumo desas substancias e axudoulles a esclarecer diferentes «mitos» asociados ao alcohol, tabaco e outras drogas.
Tras 4 sesións de traballo, xurdiron moitas preguntas, fixéronse moitas reflexións e, sobre todo, proporcionóuselles moita información sobre esa realidade e consellos sobre saúde que deberían ter moi en conta durante toda a vida, pero especialmente durante a fase de crecemento na que se atopan.
Desde aquí queremos agradecer a súa visita e o tempo que nos adicou para que os nosos alumnos/as comprendan os perigos desta realidade na sociedade que nos toca vivir hoxe.