Educación Infantil visita A casa das Ciencias
O pasado venres 17 de xaneiro, os nenos/as de Ed. Infantil visitamos a Casa das Ciencias na Coruña .
Como este trimestre estamos a traballar as Constelacións, escollimos a visita ao Planetario como motivación de inicio ao noso proxecto.
Da man da mestra virtual Cloe, coñecimos o sistema solar, planetas, estrelas, constelacións… e tamén experimentamos no museo interactivo ( experiencias físicas, péndulos .astromomía…)
Pasámolo moi ben e esperamos voltar pronto. Foi moi divertido.