Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Charla sobre o Comercio Xusto

O mércores 7 de marzo, os alumnos de 6º continuaron o seu traballo de achegamento á realidade do Comercio Xusto mediante unha interesante charla de Alfonso Ruzo, membro de PROYDE Galicia e profesor no Colexio La Salle – La Inmaculada de Santiago de Compostela.

Nela, aprendimos que o prezo final dun producto, coma un plátano, é froito non só do traballo dos campesinos, tamén dos intermediarios, transportes, vendedores… Iso fai que o, ao remate, sexa o productor o que menos gaña coa venda do plátano. O Comercio Xusto define unha forma alternativa de comercio promovida por varias organizacións non gobernamentais, por Nacións Unidas e por movementos sociais e políticos (coma o pacifismo e o ecoloxismo) que promoven unha relación comercial xusta entre produtores e consumidores. PROYDE, a nosa ONG, é unha das principales organizacións de Comercio Xusto en España.

É importante lembrar que o Comecio Xusto debe estar íntimamente unida ao Consumo Responsable. No Colexio, temos unha pequena tenda de productos de Comercio Xusto onde podemos atopar moitos alimentos e productos de artesanía.

Os principios que defende o Comercio xusto son:

  •  Os produtores forman parte de cooperativas ou organizacións e funcionan de xeito democrático.
  •  Rexeito á explotación infantil.
  •  Igualdade entre homes e mulleres.
  •  Trabállase con dignidade respectando os dereitos humanos.
  •  O prezo que se paga aos produtores permite condicións de vida dignas.
  •  Os compradores xeralmente pagan por adiantado para evitar que os produtores busquen outras formas de se financiar.
  •  Valórase a calidade e a produción ecolóxica.
  •  Respecto ao medio ambiente.
  •  Búscase o xeito de evitar intermediarios entre produtores e consumidores.
  •  Infórmase aos consumidores acerca da orixe do produto.

Inténtase con isto evitar as grandes diferenzas entre o prezo que pagan por un produto os consumidores do primeiro mundo e o diñeiro que se lles paga aos seus produtores no Terceiro Mundo, ademais de evitar a explotación dos traballadores. Tamén, isto axuda a compensar os efectos da obsesión de consumir no prezo mais barato, e as suas repercusións:

  • Progresivo deterioro da calidade e duración dos produtos.
  • Explotación dos produtores.
  • Deterioro ambiental.
Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.