Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Exposición sobre Nutrición e Dereitos da Infancia

Durante a semana do Plan de Achegamento á Realidade e a seguinte, temos exposta nos locais colexiais unha interesante exposición «Nutrición e Dereitos da Infancia«, creada por UNICEF e patrocinada polo Concello de Ferrol.

Nela podemos aprender moito sobre a realidade dos nenos e nenas de países en vías de desenvolvemento, sobre todo en todo o ten relación coa saúde materna, a alimentación infantil e os factores que axudan á aprendizaxe. Por exemplo, moitos non coñecíamos a relación entre o iodo na dieta e as dificultades na fala e escrita en nenos pequenos.

Esta exposición é unha das actividades das que disfrutamos no colexio ao formar parte do programa «Enrédate con UNICEF«. O Fondo das Nacións Unidas para a Infancia, máis coñecido como UNICEF, foi creado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 11 de decembro de 1946, ten como misión atender as necesidades dos nenos e nenas en todo o mundo. A súa sede central está en Nova York e colabora cos países en desenvolvemento para procurar o benestar infantil. En 1965 foille concedido o Premio Nobel da Paz.

Enrédate é o programa educativo de UNICEF dirixido a centros de ensino que promove o coñecemento dos Dereitos da Infancia e o exercizo da cidadanía global solidaria e responsabe. Para nós, sirviera como unha nova oportunidade de achegarnos á realidade dos máis desfavorecidos.

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.