Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Primeira animación lectora

Durante a semana do 14 ao 18 de outubro levouse a cabo no colexio a primeira semana de Animación lectora do curso. A temática estaba relacionada cos personaxes da mitoloxía galega.

É por iso que se traballaron diferentes personaxes de xeito motivador para os rapaces e rapazas e con varias interaccións entre as diferentes clases:

Os peques de 3 anos traballaron as meigas. Feitizos, amuletos e moitas máis cousas relacionadas coa Galicia máxica e as bruxas.

En 4 anos, ao comezo da semana atoparon todo fóra do seu sitio. Despois de varias pesquisas, chegaron á conclusión de que o autor de todo o desaguisado foi un Trasno. Estiveron investigando toda a semana acerca de cando nos visita, que podemos facer para que non veña, as súas diferentes formas e incluso aprenderon un poema e unha canción.

Na clase de 5 anos investigaron sobre o personaxe de «Pedro Chosco«, que baixa ás casas dos niños polas noites, atravesando as fragas galegas, para comprobar que dormen ben e teñen soños placenteiros. Aprenderon a súa historia, cantaron e bailaron unha divertida canción, e recitaron alguna que outra poesía. Como actividade de expresión plástica, fixeron uns coloridos atrapasoños que se levaron para colgar enriba da cama.

Outro dos momentos que espertou o interese de nenos e nenas foi a visita da «Meiga Marimanta», da que levaban tempo falando e estaban desexosos de coñecer. Marimanta saiu do hospital onde se atopaba recuperándose do seu accidente de vasoira para vir ao noso cole a saudalos e explicarlles o boas que poden chegar a ser as bruxas, a pesar da súa apariencia e da mala fama que tieñen…

E por último, atenderon con mucho interese aos compañeiros de 2º EP, que tamén investigaron sobre un personaxe mitolóxico moi coñecido na nosa comunidad: «o lobishome».

Os  nenos de 1º EP traballaron coas sereas especialmente coa Maruxaina. Leron historias sobre ela, fixeron traballos e manualidades. Explicaron todo o aprendidoaos nenos de Educación infantil cunha representación dos acontecementos que sucederon nas costas de San Cibrao de onde é orixinaria esta lenda. Como lembranza tiveron de agasallo unha marioneta da Maruxaina para colorear.
Tamén recibiron a visita de «Breogán» con todo o seu pobo e ensinoulles o Himno de Galicia ademais de entregarlles o escudo do Fogar de Breogán.

O grupo de 2º EP centrou a súa investigación no «lobishome«. Recolleron información, fixeron unha máscara e fixeron un títere que levaron para casa. Para completar o seu traballo, achegáronse á clase de 5 anos para contarlles todo o que tiñan aprendido sobre este licántropo galego.

Achegándose pouco a pouco o Nadal, a clase de 3º EP investigou a fondo a figura do Apalpador , carboeiro galego que vive nas montañas do Courel e que baixa a noite do 24 de decembro para tocar o ventre dos nenos a ver se comeron ben durante todo o ano e deixarlles algún agasallo.  Leron un conto, escoitaron unha canción, leron poesía e colorearon e montaron unha marioneta. Tiveron ocasión  de achegarse a 5º para contarlles o aprendido aos seus compañeiros.

4º EP traballou a Santa Compaña analizando testemuños, lendas, facendo manuealidades.

En 5º EP buscaron información sobre os xacios, seres mitolóxicos galegos metade humano, metade peixe que habitan no río Miño.

Este ano a clase de 6°EP estivo traballando a lenda do rei celta Breogán, como fundou Brigantia e conquistou Irlanda. Achegáronse á clase de 1° EP para ensinarlles o himno da súa tribu e invitloss a formar parte dela.

Os alumnos de secundaria traballaron a lenda da Santa Compaña a partir da película «El bosque animado». Completaron unha unidade didáctica onde traballaron diferentes contidos relacionados co cine e a pelicula.

A continuación podedes ver unha galería de fotografías para ver como resultaron as actividades.

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.