Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Revista escolar 2018.19

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

Revista curso 2017-18

CARA AO MAR

Archivos

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Proxecto «Fame cero»

Esta mañá, a clase de 3º de EP rematou de cultivar na nosa horta ecodidáctica.

Queredes saber como xurdiu este proxecto?

O pasado 15 de xaneiro comezabamos unha colaboración con Mans Unidas, para levar a cabo o proxecto “Fame cero”, que consiste na sensibilización, educación e mobilización social do alumnado polo dereito humano á alimentación, a través do coñecemento dos cultivos da nosa contorna e a importancia de saber o funcionamento do traballo na terra para un mundo máis sostible.

Viñeron visitarnos Lucía e Carmen, dúas mulleres profesionais formadas no campo da horticultura. O primeiro grupo en comezar a traballar na horta foi o de 3º de EP, que se centrou na limpeza de herbas que desfavorecían o crecemento dos nosos cultivos na horta, así como en coñecer as diferentes plantas das que previamente dispoñiamos.

Con este grupo, aprendimos que o romeiro mesturado con alcohol vale para curar as escordaduras. Tamén, que o aloe vera serve para curar as enxivas cando se inflaman, ou que as boliñas negras de herba moura as utilizaban nas aldeas para desfacerse dos callos dos pés. Ademais de falar dalgunhas das funcións das plantas, puidemos probar algunhas vinagretas.
Seguidamente, centrámonos máis en recoñecer as diferentes partes das flores: os pétalos, os sépalos, o pistilo, o pole… Volvémonos uns auténticos expertos!
Logo de aprender moito sobre o que xa tiñamos na nosa horta, comezamos a traballar de xeito máis práctico. Primeiro, fixemos dous equipos, un foi con Lucía e outro con Carmen. O equipo de Lucía comezou despexando unha parte da horta, mentres que o de Carmen traballaba cos sementeiros, para cultivar tomates ou pomodoros, como se
chaman en Italia; ah! Pero se non sabemos italiano, sempre lles podemos comunicar aos de alí que plantamos uns Solanum Lycopersicum. Mentres quitamos algunhas das vinagretas e trevos que abundaban na nosa horta, pareceron dúas visitantes inesperadas, unhas eirugas, das que tamén nos explicou Lucía a metamorfose que levaban a cabo. Vimos froitos semellantes aos tomates: os farolillos, ou alquenquejes ou physalis ou caixas de amor… Cantos nomes ten esta planta!

Despois, tocoulle ao grupo de 1º de primaria. Aprendimos o que son as labregas e vimos diferentes tipos de sementes, as do millo, a pataca, as sementes dos farolillos… Son moi diferentes! Vimos que as plantas antes de teren froitos, teñen flores, que é de onde van saír os froitos que logo comemos. Ensináronnos que as cebolas son raíces, que das plantas non só se comen as froitas… De novo, fixemos dous grupos para facilitar o traballo dos cultivos. Co grupo de Carmen plantamos patacas, cebolas e leitugas. Co grupo de Lucía cultivamos patacas, allos
e cebolas. Máis tarde, os de 3 anos saímos a aprender moitas cousas sobre a horta. Como estabamos a traballar sobre a Prehistoria, ensináronnos as primeiras formas de cultivo que utilizaban os humanos naquela época. Pasámolo moi ben, xa que aprendimos a tirar unha cabaza contra a terra e recoller as sementes cando se abría pola metade; estas plantámolas coas mans, xa que daquela non usaban ningún tipo de ferramentas. Ao final cantamos unha canción para que chovese, seguramente é esa que todos coñecedes.

De últimos, pero non menos importantes, viñeron as alumnas e alumnos de 5° de EP. Coa horta pódense aprender tantas cousas, que comezamos a aprender matemáticas! Comentamos a necesidade que teñen as labregas do coñecemento de lonxitudes e outras medidas para poderen plantar diferentes cultivos. Así que primeiro medíronnos para facer comparacións entre a nosa altura e a distancia que debe haber entre plantas como as de patacas ou cebolas. Estas distancias chámanse marcos de plantación. Desta forma, tamén comprobamos canto miden os
nosos palmos, cun metro, tendo en conta os decimais, para facer as medidas exactas da distancia entre as leitugas. Os dous dedos xuntos, o índice e o corazón, tamén se usan como medida de marco de plantación de allos. Fixemos dous equipos, o de matemáticas na horta e o da pirámide alimenticia. Estudamos os diferentes alimentos que atopamos na horta que son ricos en hidratos de carbono, como o millo e as patacas; por outro lado, os chícharos teñen moitas vitaminas e proteínas, e os farolillos teñen moitas vitaminas e minerais, como o ferro. O grupo das matemáticas, encargouse de medir na horta un espazo para o cultivo de chícharos, mentres que o grupo da pirámide estivo cultivando farolillos. Cada membro do grupo colleu 3 ou 4 sementes para proceder a plantalas no sementeiro. Lembramos que para sementar sempre debemos seguir unha orde, as filas dos sementeiros axúdannos a organizarnos. Despois, intercambiamos os grupos e plantamos millo e allo.

Na seguinte visita, o 7 de marzo, a clase de 4°EP comezou a súa andaina neste proxecto. Plantaron pementos, tomates cherry, pirixel, cilantro e algunhas flores no alto do tronco da palmeira, tamén que as plantas se comunican co arrecendo que desprenden. Aínda que o tempo non nos acompañou moito, porque rapidamente comezou a chover, non nos importou manchar as mans de terra para termos os nosos cultivos que ao final do proxecto poderemos comer! Para plantar as sementes de ravos, primeiro fixemos un carreiro na terra, e collemos unha a unha para ir amodo plantándoas na terra.

Despois foi a quenda de 5° EP, como nos comezou a chover cando saímos, aproveitamos a escoitar unhas explicacións sobre os alimentos de tempada, como o tomate, que se dá no verán. É unha planta que precisa moito sol; é rica en licopeno, que é a sustancia que lle dá a cor vermella; así como os carotenos da cenoria lle dan a cor alaranxada, e que ao consumilas favorecen a vista e a cor da pel. Plantamos tomates cherry, que son moi semellantes á cereixa, de aí o seu nome en inglés, estes son ricos en nutrientes e minerais, xa que se dan cara ao verán. Por
outra banda os cítricos, ricos en vitaminas, danse no inverno, que é cando máis as necesitamos. Unha curiosidade que nos ensinaron é que canto máis doce é o froito, máis luz do sol recibiu, e que as plantas de cor verde teñen alto contido en ferro, o que lles permitirá aos nosos glóbulos vermellos levar transportar máis osíxeno.
Soubemos que a cor dos vexetais veñen dadas por pigmentos que se atopan neles, como a clorofila, que dá a cor verde, mentres que a santofila dá a cor amarela. Os tomates cherry que plantamos poderemos usalos en ensaladas!
A horta ecodidáctica foi todo un éxito, pero isto non remata aquí, xa que seguimos a coidala e a recoller algúns dos froitos que xa nos vai dando. O próximo curso seguiremos coa segunda fase deste proxecto, estade atentos!

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.