Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Celebramos a Semana do P.A.R (Plan de Achegamento á Realidade)

Do 5 ao 9 de Marzo, celebramos no Colexio a Semana do P.A.R.

Axudar aos alumnos/as a potenciar actitudes solidarias, desenrolar a educación na xustiza e potenciar estructuras que potencien o compromiso cos máis necesitados son os obxectivos do Programa de Achegamento á Realidade.

O Programa está estructurado en tres fases:

No primeiro trimestre se busca información sobre as distintas realidades a tratar, que varían dependo do nivel educativo e que van desde as profesións, os inmigrantes, persoas xordas, as persoas con discapacidade física, o comercio xusto, a discriminación de xénero, as persoas da terceira idade…

No segundo trimestre, e durante unha semana, se lles ofrece aos rapaces unha toma de contacto directo coas realidades. Persoas relacionadas con cada un dos temas veñen ao colexio e lles expoñen a súa realidade mediante charlas nas aulas, exposicións.

Temos que dar as grazas as persoas que colaboraron para poder facer realidade este proxecto: aos pais e nais da Escola Infantil e Educación Infantil por contarnos as súas experiencias laborais dun xeito práctico e lúdico, aos membros da Terceira Idade de Caranza que nos fixeron pasar unha tarde inolvidable, aos alumnos do Centro de Educación Especial Terra de Ferrol; persoas do CAMF da ONCE, á Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, ao Refuxio de Caranza, ás Oblatas, ao Mundo Cooperante, á Asociación para o estudo da lesión medular espiñal.

¡Grazas a todos pola vosa disponibilidade!

No terceiro trimestre, que é a última fase do P.A.R, contempla, entre outras cousas, a evaluación  e reflexións por parte dos alumnos das diferentes realidades e o compromiso posterior con elas.

En definitiva, foi unha semana estupenda que nos axudou a pensar un pouco nos demáis e decatarnos das necesidades que temos ao noso rredor, que moitas veces nos pasan desapercibidas.

 

 

 

 

 

 

 

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.