Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Entrevista con Ángel Macía

Hoxe atopámonos cun alumno de 1º de ESO (Bruno Delgado) e cinco de 3º de ESO (Roberto Abad, Felipe Barrera, Samuel Crespo, Carlos Quintela e Javier Yáñez) que prepararon unha entrevista para Ángel Macía, profesor de linguas do Centro. Este é o resultado da súa charla:

1.      Como decidiches facerte profesor?

Pois tivo a «culpa» unha profesora de lingua de 2º de BUP que me meteu o gusanillo de ensinar no corpo e me convenceu de que se podía ser bo nesta profesión.

 2.      Como pasabas os teus ratos libres cando tiñas a nosa idade?

Xogando cos amigos ao fútbol-sala, carreiras de bicis, facendo campionatos de Risk…

 3.      Eres feliz co teu traballo?

Moito.

 4.      Se che tocase a lotería, que farías cos cartos?

Depende da cantidade: se é pouco, tapar buratos; se é moito, tapar buratos e compartir coa familia; e se é unha cantidade indecente, tapar buratos, compartir coa familia e o que me apetecese.

 5.      Canto anos levas no colexio?

En setembro farei 14 anos.

 6.      Cal é a maior diferencia que atopas nos alumnos desde que comezan en 1º ata que rematan en 4º da ESO?

Maduran moitísimo (ademais de medrar un montón)

 7.      Cales son as túas afeccións?

Deporte, ler, cine, pasear…

 8.      Con que profesión soñaches desde pequeno?

Con ser profesor.

 9.      Lembras a túa primeira clase como profesor?

A verdade é que non. Lembro aos alumnos que estaban na clase pero non lembro como foi, seguro que estaría moi nervioso e que foi un desastre.

 10.  Cal foi o mellor día da túa vida?

Cando a miña muller e máis eu tivemos a nosa filla.

 11.  Por que sempre estás a falar tanto de O Barco de Valdeorras?

Porque é o meu pobo e síntome moi orgulloso del.

 12.  Custouche moito sacar a carreira?

A verdade é que non, aínda que tiven que estudar moitísimo. Segundo ía pasando de curso e, en teoría, debería ser máis difícil, máis me gustaba.

 13.  Dinos algo que se che dea realmente mal.

Debuxar, ¿non credes?

 14.  Se non foses profesor, que che gustaría ser?

Futbolista, pero xa se me pasou a idade… Ou sexa que agora mesmo non teño nin idea.

15.  Que é o máis importante para ti na vida?

O benestar da xente que me rodea.

16. Sempre nos dis que les moito, cal é o último libro que liches?

 «En el país de la nube blanca» moi recomendable.

20 preguntas concretas: (nunha ou dúas palabras)

1.- Un libro: A triloxía de El señor de los anillos

2.- Unha película: ET.

3.- Un hobbie: Ler.

4.- Un desexo: Saúde e traballo para todos.

5.- O teu lugar favorito do colexio: A miña primeira aula como titor.

6.- Unha canción: Whatever de Oasis.

7.- Unha serie de TV: Frasier (entre moitas)

8.- Unha cidade para pasar as vacacións: Tenerife.

9.- Unha cidade para vivir: Oleiros.

10.- Unha mascota: Ningunha. Non me gustan os animais en casa.

11.- Un deporte: Fútbol.

12.- Verán ou inverno? Verán.

13.- A túa comida favorita: Cocido.

14.- Un xelado de… limón.

15.- Doce ou salgado? Salgado.

16.- Xesús é… amor.

17.- Cando oio “La Salle”… estou en casa.

18.- Unha cor: verde.

19.- Recoméndanos unha praia: Bastiagueiro.

20.- Carta ou e-mail? Hoxe en día e-mail, pero escribín centos de cartas.

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.