O 2º Ciclo de primaria visita dúas exposicións
O pasado venres 24 de febreiro os alumnos do 2º Ciclo de EPO visitamos durante a mañá a «Exposición Nacional de la Construcción Naval» e a «Sociedade Galega de Historia Natural».
No museo de construcción naval aprendemos de forma sinxela como se constrúen os barcos, cales son as súas partes, por que flotan …
Tamén puidemos indagar como eran os estaleiros antigos, como son os de agora, as ferramentas que se utilizan e que utilizaban antes para construír os barcos.
Atravesamos unha sección dunha fragata do século XVIII, concretamente a «Magdalena». Vimos unha proxección da botadura dun mercante, motores antigos, sistemas de navegación…
Na Sociedade Galega de Historia Natural gozamos moito vendo os distintos animais disecados: focas, esquíos, un pingüín; esqueletes, peles, troncos e follas de árbores, paxaros. Pero o que realmente máis nos impresionou foi o calamar xigante e iso que so tiña seis meses cando o capturaron!
Foi unha mañá moi divertida e interesante!