Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Revista escolar 2018.19

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

Revista curso 2017-18

CARA AO MAR

Archivos

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Saída de Educación Infantil ao Museo Caldoval

 

Os alumn@s de Ed. Infantil, visitamos o venres día 5 de abril o “Museo Caldoval”.

Trátase dun proxecto museográfico no Concello de Mugardos, que pon en valor o xacemento romano descuberto na enseada de Santa Lucía. Ata agora son os únicos baños privados con palestra descubertos en todo o noroeste peninsular. Un complexo adicado á hixiene, á saúde, ao ocio e probablemente tamén á práctica deportiva. Un balnemum rural doméstico que formaba parte dunha “Villa Mare”, habitada no século I e no V d.c na época do Imperio Romano.

A través da visita guiada e do taller de pintura puidemos descubrir como vivían e se coidaban os habitantes da Galicia Romana, como funcionaban os baños, as estancias do circuito termal, como calentaban a auga, que vestimenta levaban os bañistas…. e tamén ver obxectos da época e o seu uso (ánforas, cerámicas, xogos de mesa…)

Despois compartimos un xantar todos os compañeir@s no Local Social de Chanteiro, pois o tempo non permitiu facelo no exterior.

Pasámolo moi ben e aprendimos moitas cousas. ¡Foi moi interesante!.

Agradecemos  a todos a colaboración prestada.

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.