Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

Revista curso 2017-18

CARA AO MAR

Archivos

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

La Salle lembra este 7 de abril os 300 anos do Pasamento do seu fundador, San Xoán Bautista De La Salle

 

NOTA DE PRENSA

  • Durante estes meses, La Salle está de celebración e serán diversos os actos, tanto festivos como relixiosos, cos que se conmemorará o Tricentenario.

 

  • O ano do Tricentenario quere recordar, ademais do fundador, a actualidade do carisma e a identidade lasalianos, que marcaron a misión dos Irmáns das Escolas Cristiás e daqueles que forman parte da familia lasaliana.

 

La Salle está de celebración co motivo do Tricentenario do Pasamento de san Xoán Bautista De La Salle, fundador dos Irmáns das Escolas Cristiás (La Salle), destacando entre as datas máis salientables do calendario de actos previstos para estes meses a do 7 de abril, cando se conmemora o día no que De La Salle faleceu en 1719 na cidade francesa de Ruan, ou proximamente a do 30 do mesmo mes, cando naceu en Reims.

Con distintos actos e actividades nas obras educativas e fóra delas, tanto festivos como relixiosos, a gran familia lasaliana lembra non só a figura e a vida de san Xoán Bautista De La Salle, senón tamén o seu carisma e o seu legado, ademais da súa pegada en todos os que durante estes tres séculos se teñen unido á súa misión para “xuntos” facela medrar, superando dificultades e barreiras no tempo e no espazo. Desde a Institución quérese que este aniversario sexa unha verdadeira oportunidade para aumentar tanto a viabilidade como a vitalidade da misión educativa ollando máis alá, tentando prolongar o legado, cando menos outros 300 anos máis.

Por iso, baixo o lema “Un corazón, un compromiso, unha vida”, co obxectivo de manifestar a unidade global de La Salle e fortalecela para traballar por un mundo mellor, e sen esquecer a necesidade de seguir prestando un servizo aos máis vulnerables, esta data é una lembranza do que debe ser cada día.

A misión de La Salle segue sendo mirar á realidade, deixándose impresionar e traballar para dar, desde a educación, a mellor das respostas aos que máis o necesitan en calquera parte do mundo, intentando construír unha sociedade máis xusta e solidaria, adaptándose ás distintas realidades dos lugares ata os que chega desde a responsabilidade, a creatividade, a xustiza, a convivencia, a interioridade e a transcendencia.

Sobre La Salle

 La Salle é unha institución implantada en case un centenar de países que se adica á educación baseada nos valores humanos e cristiáns. Entre os seus obxectivos, atópase o de potenciar o desenvolvemento de capacidades para que os alumnos cheguen a ser persoas autónomas, competentes, creativas e implicadas na construción dunha sociedade máis xusta e solidaria. Como institución está aberta á contorna e atenta ás demandas e necesidades do mundo educativo, laboral e empresarial, así como comprometida en levar adiante o seu proxecto como comunidade educativa. Para iso, conta cun equipo de profesionais competentes enfocados na mellora continua e a innovación.

Os centros La Salle reciben o seu nome de san Xoán Bautista de La Salle quen, a finais do século XVII, se asociou cuns mestres para manter escolas dedicadas aos nenos pobres. Con eles fundou o Instituto dos Irmáns das Escolas Cristiás.

Xoán Bautista e estes mestres, vivindo e reflexionando xuntos, chegaron a compartir un mesmo espírito que enchía de sentido a súa tarefa educadora. Aqueles mestres convertéronse en Irmáns, persoas que se consagran a Deus en comunidade e se comprometen a vivir xuntos e por asociación ao servizo educativo dos pobres.

La Salle Distrito ARLEP

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.