Exposición Programa Desigualdades
Durante estes días, co gallo da celebración da Semana do PAR no noso Centro poderase visitar unha exposición sobre o tema das desigualdades de xénero na nosa sociedade actual.
Grazas á colaboración de Mundo Cooperante Galicia podemos contar con paneis informativos onde se nos explica a situación da muller e das nenas no mundo. É unha exposición que pretende sensibilizar ante esta situación e é recomendable visitar. A exposición está situada nos corredores de Secundaria e nas zonas comúns e poderase visitar ata o día 8 de marzo.
Do mesmo xeito, durante esta semana os alumnos de 3º de ESO realizarán obradoiros sobre este tema orientados por monitores desta organización.