Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Revista escolar 2018.19

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

Revista curso 2017-18

CARA AO MAR

Archivos

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Chegan a La Salle, as Súas Maxestades de Oriente!

Esta imagen tiene un atributo ALT vacío; su nombre de archivo es IMG-0495-999x1024.jpg

Antes de rematar este primeiro trimestre do curso, o venres 21 de decembro,  achegáronse ao noso  colexio as Súas Maxestades de Oriente. Un ano máis, fixeron un oco nas súas axendas, para recoller as últimas cartas dos alumnos e alumnas e repartir un pequeno agasallo que despertou os sorrisos de todos.

A maxia, a ledicia e a ilusión encheron as aulas, nunha mañá, onde os soños foron os protagonistas. As Súas Maxestades recibiron tamén moitas apertas dos nosos alumnos e alumnas, que os esperaban con moita ilusión.

Comezaron os máis pequenos da Escola Infantil e logo os demáis cursos. Todos, maiores e pequenos,  tiveron o seu momentiño para achegarse ao seu Rei Mago favorito e recibir unha bolsa de lambetadas. Non faltaron tampouco as panxoliñas que lles dedicamos para agradecerlles o esforzo de pasar polo  noso colexio.

Marcháronse  as Súas Maxestades  ledos,  pero con moito traballo por diante. Agora quédalles por ler todas as peticións que dende o noso colexio fixeron os alumnos e alumnas coas súas cartas cheas de desexos para este Nadal.

Queremos dende aquí, darlle as grazas ás SSMM, porque sabemos que aínda que nestas datas están moi ocupados,  sempre atopan un momentiño para disfrutar coas persoas do noso Colexio, enchéndonos a todos de ledicia e ilusión.

Na galería de fotos podedes observar as caras de ledicia de todos.

Felices Festas e Bo Nadal!

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.