Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Imos de Entroido!

O venres 17 de febreiro celebramos o entroido no noso colexio. Foi un entroido especial xa que os alumnos/as do Centro saíron polas rúas do noso barrio para amosar a todos os nosos veciños/as o moito que se traballou para facer os disfraces. Foi unha tarefa en equipo: alumnos maiores, profesores, pais e nais voluntarios… todos botaron unha man para que a experiencia de saír cos máis pequenos fose marabillosa.

Aproveitouse que non chovía, e sempre pola beirarrúa, aproveitando todos os pasos de peóns e coa vixilancia de pais/nais, profesores e os alumnos maiores fíxose un percorrido que nos levou ata o mercado coa sorpresa de toda a xente que sempre se apresuraba a sacar os seus móbiles para captar ese momento.

Despois do percorrido, volvimos ao colexio, e no pavillón todos os cursos participaron nun desfile para ver o traballo que levamos a cabo durante estes días.

O tema elixido foron os animais, e houbo de todos (ver nas fotos): desde abellas, xirafas, pingüíns, cebras, tigres, xoaniñas, monos, etc… e os da ESO xogaron a ser un teclado dun ordenador e emoticonos… polo tanto houbo todo tipo de teclas e caras do máis divertido. E  os pais tamén se disfrazaron con nós… con dicirvos que ata tiñamos veterinarios!

Os nenos e nenas de Educación Infantil de 3, 4 e 5 anos disfrazámonos de abellas, xirafas e pingüíns rememorando películas como: «La  abeja Maya», «Madagascar» ou «Happy Feet». Antes de vestirnos comimos na clase, orellas, freixos e rosquillas que trouxemos da casa. ¡Estaban riquísimas!

Rematamos bailando todos xuntos. Foi moi divertido.

 

 

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.