Educación Infantil vai ao teatro a ver «A Galiña Azul»
O mércores 24 de outubro , os nen@s de Educación infantil visitamos o auditorio de Narón para ver a obra de teatro «A Galiña azul», un espéctaculo que fala da diversidade e a solidariedade, a través de títeres, interpretación , música e «cancións.
A Galiña azul é unha galiña moi rara que ten preocupada ás autoridades pois e diferente ás demáis galiñas: é de cor azul, pon ovos de cores e dí «cocorocó».
Unha obra moi divertida coa que pasamos un bo rato.Con ela comprendimos a importancia do respeto e a amizade.
Despois da función aproveitamos e disfrutamos, grazas ao bo tempo, no parque do Auditorio, onde puidemos xogar e ter un momento lúdico antes de voltar ao centro.
Pasámolo moi ben e estamos esperando poder repetir esta experiencia cultural.