Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Xornadas de Pastoral Educativa

Os días 3 e 4 de febreiro celebráronse as Xornadas de Pastoral Educativa do 2012 no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela, nas que participaron tres profesores do Colexio La Salle de Ferrol. Están organizadas por Escolas Católicas de Galicia co lema Pastoral de Inspiración.

Co paso dos anos, este evento converteuse nun importante encontro de profesores dos nosos centros, sobre todo profesores de Relixión e axentes de Pastoral. Sempre é unha boa oportunidades para refrescar os nosos idearios evanxélicos, sendo homes e mulleres ben formados.
As Xornadas son unha axuda máis nese senso. Para este ano buscáronse 3 xestos que dean sentido de compromiso á nosa inspiración pastoral. Acudiuse a 3 palabras que orienten a nosa acción educativa cristiá. Entre xestos e palabras, queremos revitalizar a «oportunidade» da nosa vida pastoral nos centros. E facelo con sinceridade.
O plan das conferencias foi:

3 Xestos: Voluntariado – Organizacións – Economía

Venres 3 de febreiro
15:30 Entrega de documentación
16:00 Acto inaugural
16:30 Relatorio:
Economía: “Da egoeconomía á altereconomía, unha proposta edupastoral”
Por: Enrique Lluch
17:30 Descanso
18:00 Relatorio
Voluntariado: “Educar, sen medo, na experiencia e na mobilización”
Por: Luis Aranguren
Sábado 4 de febreiro
09:30 Oración
10:00 Relatorio:
Compaixón: “Palabra suave que se fai grito”
Por: Juan Manuel Almarza
11:00 Descanso
11:30 Relatorio:
Organización: “Apostemos. Conecto o meu centro cunha rede máis ampla”
Por: Rosana Hernández
12:30 Eucaristía
13:30 Xantar
16:00 Relatorio:
Inspiración: “Xesús, o oportuno en xestos e en palabras”
Por: Juan Carlos García
17:00 Descanso
17:30 Relatorio:
Expresión: “ Palabras e xestos para ensinar a pescar? Mañá será tarde”
Por: Boni Ofogo
Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.