Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Revista curso 2017-18

CARA AO MAR

Sallenet

Lema do ano

A túa ledicia, a miña. Lema La Salle 2017-18

Archivos

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Aprendendo a coidar as nosas mascotas grazas a CASAGA

O xoves 7 e o venres 8 de xuño, achegáronse ao noso colexio Sergio e Alejandro, persoal de CASAGA (Asociación de Cans de Salvamento de Galicia), xunto cos seus cans de salvamento: Arnold, Anca e Thor.

Grazas á participación no 2º Concurso Canvivindo, puidemos participar nas charlas que imparte CASAGA. Faláronnos dos temas de adopción, de non abandonar os animais, a necesidade dun bo trato e responsabilidade na tenencia de animais. Veu tamén o Conselleiro de Ferrol de obras e Medio Ambiente,  Luis Miguel Victoria Gallego, para explicar a Ordenanza de Benestar Animal.

Nestas sesións os nosos alumnos/as aprenderon moitas cousas sobre as mascotas e os cans en particular. Plantexaron moitas dúbidas e preguntas, acompañadas de anécdotas e situacións reais dos seus propios animais e decatáronse da importancia de ser responsables con eles, tratándoos con agarimo.

Despois das explicacións teóricas, Alejandro e Sergio fixeron no patio do colexio, unha exhibición de como estes cans rescatan ás persoas. Neste caso, os protagonistas do rescate foron varios alumnos/as do colexio que estaban agochados nuns contedores. Estes cans coa axuda dos seus adestradores, conseguiron atopalos .

Queremos desde aquí dar a noraboa a Alejandro e Sergio pola súa dispoñibilidade e por achegarnos toda a información necesaria para que poidamos coidar mellor as nosas mascotas.

Lembramos tamén que o noso colexio participou no 2º Concurso Canvivindo, con  cinco traballos seleccionados do seguintes alumnos/as: Gorka Señor Bermúdez, María López López, Alba Martínez Martínez, Ana Belén Ponce Vigo e Mencía Fernández Porta.  Todos eles optarán aos premios. A entrega deles será o sábado 16 de xuño no Centro Cultural Torrente Ballester ás 12:00 h. O debuxo gañador será o que opte como imaxe da nova campaña que se vai levar a cabo novamente e os dous accésit, serán premiados cun ebook.

Grazas a todos os alumnos/as igualmente pola participación neste  Concurso que nos lembra, sobre todo, que temos unhas responsabilidades cara os animais cos que convivimos.

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.