Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Convivencia das familias

Na tarde de onte, venres 1 de xuño, tivemos a última Convivencia das familias do curso. Estas iniciativas pretenden facilitar momentos de encontro de toda a Comunidade educativa nun ambiente festivo e distendido. Un bo número de familias se achegou ao noso centro para disfrutar dos xogos que estaban preparados e para participar no partido de brilé ‘alumnos/as vs pais/nais -profesorado» que estivo, coma sempre, moi reñido e con moita animación.

Unha vez rematado, entrega de premios das festas e concursos e ¡todos a probar os chourizos á brasa preparados e degustar as tapas que participaron no I Concurso «De tapas por La Salle» que estaban de rechupete!

Graciñas a todas as persoas que se achegaron a disfrutar con nós e, como non, a todos/as os que colaboraron na preparación das xornadas, con mención especial para os ‘tapeiros’ que amosaron unha gran creatividade.

Na galería podedes ver as fotos da xornada.

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.