Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Froita + recreos = alimentación sa e saudable

Neste terceiro trimestre continuamos dunha maneira sa e saudable, co «Programa de consumo de froitas, leite e hortalizas», financiado pola UE, baixo a supervisión da Xunta de Galicia.

Desde o primeiro trimestre estivemos a tomar leite no momento do recreo e agora no terceiro, ademáis de seguir co leite toca a FROITA.

Lembramos que ao comezo do curso solicitamos á Xunta a incorporación do noso centro ao devandito programa e despois de realizar os trámites necesarios, concedéronnolo. Gadis foi a encargada de subministrarnos, de forma moi eficiente, os alimentos que imos tomar.

Poderemos disfrutar de froitas variadas, nestas dúas semanas (do 21 de maio ao 1 de xuño). Empezamos hoxe coa repartición de fresas. Qué ricas estaban! Cada día teremos un tipo de froita diferente, para que poidamos descubrir novos sabores e seguir degustando os que xa coñecemos.

O listado das froitas a consumir é o seguinte:

DÍA

FROITA

Luns 21

Amorodo

Martes 22

Pera
Mércores 23

Mazá

Xoves 24

Piña
Venres 25

Arándonos

Luns 28

Nectarina
Martes 29

Plátano

Mércores 30

Ameixa
Xoves 31

Sandía

Venres 1

Albaricoque

 

Non hai mellor maneira de rematar este mes de maio e case o terceiro trimestre,  co consumo destas merendas tan saudables, ricas en vitaminas e que tanto nos gustan. Daranos tamén a oportunidade para que os nosos alumnos e alumnas poidan probar diferentes tipos de froitas e  apreciar os ricos sabores  destes alimentos, contribuíndo a unha alimentación máis sa e saudable.

Damos as grazas de novo, desde aquí, por poder participar deste programa educativo, que nos fará desde logo, os recreos máis especiais e saudables.

 

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.