Entrevista con Conchi López Magán
Hoxe estreamos sección nova na nosa web. Para iso estamos con dous alumnos de 1º de ESO (Antía Leal López e Miguel Pereira García) que prepararon unha entrevista a Conchi López Magán, profesora do Centro. Este é o resultado da súa charla:
1.- Como se che ocorreu ser profesora?
Sempre me gustou o de ensinar aos nenos. Tíveno moi claro desde pequena.
2.- Cal era a túa materia favorita?
Educación física e matemáticas.
3.- Canto tempo levas dando clase?
Máis de 30 anos, non é pouco.
4.- Lembras algún profesor que te axudase a integrarte cando comezaches?
Os compañeiros sempre son importantes, non quero nomear a ningún en especial por medo a esquecer a outros.
5.- ¿Botaches de menos aos alumnos e profesores cando fixeches ese curso neste primeiro trimestre?
Moito!!!! Botei de menos o ruído das clases, dos corredores, dos patios. Algún compañeiro me dicía que non me preocupara, que cando volvera podía estar con eles algúns días nas súas clases.
6.- Que che dixo a túa familia cando lles dixeches que querías ser profesora?
Animáronme sempre porque me vían moi convencida.
7.- Que che gusta facer no teu tempo libre?
Andar en bicicleta, ir á montaña, pasear, ler…
8.- ¿Cal foi a túa mellor experiencia como profesora?
A miña mellor experiencia é ir comprobando como os alumnos van avanzando, superándose e conseguindo metas. E sobre todo, que despois de tanto tempo seguen a falar comigo con cariño e confianza.
9.- Se non tiveses sido profesora, que serías?
Nada. Non sei facer outra cousa, e despois de tanto anos segue gustándome facer o meu traballo.
20 preguntas concretas: (nunha ou dúas palabras)
1.- Un libro: El tiempo entre costuras (María Dueñas)
2.- Unha película: Ghost.
3.- Un hobbie: O deporte.
4.- Un desexo: Máis xustiza para o mundo.
5.- O teu lugar favorito do colexio: As clases.
6.- Unha canción: «Soldadito marinero». (Fito y fitipaldis)
7.- Unha serie de TV: Downton Abbey.
8.- Unha cidade para pasar as vacacións: Ferrol polas súas praias
9.- Unha cidade para vivir: Coruña.
10.- Unha mascota: Unha boneca.
11.- Un deporte: Baloncesto.
12.- Verán ou inverno? Verán.
13.- A túa comida favorita: Os ovos fritos.
14.- Un xelado de… vainilla.
15.- Doce ou salgado? Doce.
16.- Xesús é… a figura que orienta moitos momentos da miña vida
17.- Cando oio “La Salle”… penso no que son e na miña vida.
18.- Unha cor: O fucsia.
19.- Recoméndanos unha praia: Covas.
20.- Carta ou e-mail? Depende. Se son cousas moi persoais e íntimas prefiro a carta.