Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

A túa ledicia, a miña. Lema La Salle 2017-18

Archivos

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

II Animación Lectora (María Victoria Moreno)

Na semana do 23 ao 27 de abril, co gallo da celebración do Día do Libro, no noso Centro realizouse a II Semana de Animación Lectora. A dinámica escollida para esta ocasión  foi unha sesión de “Apadriñamento lector”. Aproveitando que se achega o Día das Letras galegas 2018, adicado a María Victoria Moreno, os alumnos/as das clases dos maiores achegáronse ata as clases dos peques para acompañalos á biblioteca e lerlles algún fragmento de María Vicotoria Moreno e dalgúns outros contos e libros do seu interese.

As correspondencias foron as seguintes:

3 anos – 4º EP

4 anos – 5º EP

5 anos – 6º EP

1º EP – 1º ESO

2º EP – 2º ESO

3º EP – 3º ESO

Escola infantil – 4º ESO

A actividade resultou moi interesante e motivadora tanto para os ‘lectores’ como para os ‘oíntes’. Grazas a todos os participantes nela polo voso entusiasmo.

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.