Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

4º ESO visita o Campus de Ferrol

Nesta mañá, os alumnos de 4º ESO realizaron unha visita ao Campus de Ferrol dentro do Programa de Orientación Académica e Profesional (POAP) do noso cole.

A finalidade desta dinámica consistiu en coñecer as Facultades existentes no campus da nosa cidade e que os profesores, xunto a algúns alumnos de cada unha delas, lles explicasen en que consiste a súa oferta educativa, os seus plans de estudo e así suscitar unha primeira toma de contacto co mundo universitario.

A mañá resultou mou completa, cun percorrido que nos levou a coñecer por esta orde a Escola Politécnica Superior, a Facultade de Humanidades e Documentación,  a Escola Universitaria de Deseño Industrial, a Facultade de Enfermaría e Podoloxía, a Facultade de Ciencias do Traballo e a Escola universitaria Politécnica.

Queremos agradecer ao persoal encargado da recepción, e aos profesores e alumnos que nos foron atendendo en cada unha das visitas, polas súas explicacións e a cálida acollida que nos brindaron.

 

 

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.