Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Día da Paz

O venres 27 de xaneiro celebramos o Día da Paz no noso Centro.

Os alumnos traballaron nas aulas cos seus titores, preparando unha palabra que transmitise unha mensaxe de Paz, para compartir con todo o Centro, nun acto común que se celebraría despois no pavillón do colexio. Do mesmo xeito, prepararon tamén unha mensaxe persoal para poder intercambiar con outro/a compañeiro/a dalgún curso diferente ao seu. Escoitaron unha canción «El juego de las palabras», aprenderon a súa letra e prepararon unha coreografía para poder cantar e bailar todos xuntos.

Xa no pavillón, aproveitaron  para estar todos xuntos, (alumnos, pais e profesores) e amosar a todos as súas mensaxes de paz que se colocaron sobre unha palabra PAZ xigante nunha parede do pavillón. Aí amosouse toda a creatividade e colorido dos nosos alumnos.

Por último, uns compañeiros de 3º da ESO leron un manifesto colexial a prol da Paz. Rematouse cantando e bailando a canción que estaba preparada nun ambiente de festa e unión.

 

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.